MÁIS DE 37.000 PERSOAS "POLA DIGNIDADE DA ATENCIÓN PRIMARIA"

Un clamor percorre Vigo na defensa da sanidade pública

Un clamor percorre Vigo na defensa da sanidade pública

Máis de 37.000 persoas ateigaron o centro da cidade nunha mobilización "pola dignidade da Atención Primaria" que deveu nunha emenda multitudinaria á política sanitaria dos gobernos de Núñez Feixoo. O presidente, porén, fala de mobilización "politizada". Xa hai anunciada unha nova manifestación, para o 24 de xaneiro.




x