ESCRIBIRÁN UNHA CARTA ÁS AUTORIDADES ESPAÑOLAS

O Parlamento europeo reabrirá o expediente sobre o saneamento das rías do Burgo e Vigo

O Parlamento europeo reabrirá o expediente sobre o saneamento das rías do Burgo e Vigo
A delegación peticionaria, composta por membros das plataformas de defensa das rías de Vigo e A Coruña, a eurodeputada Ana Miranda e membros do BNG das áreas afectadas.
A delegación peticionaria, composta por membros das plataformas de defensa das rías de Vigo e A Coruña, a eurodeputada Ana Miranda e membros do BNG das áreas afectadas.  Foto: Delmi Álvarez

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu esta segunda feira 21 de xaneiro reabrir o expediente do saneamento das rías do Burgo e Vigo após escoitar ao patrón maior da ría da Coruña e o presidente da Plataforma en Defensa da Ría de Vigo.