Compostela 20-O: pola defensa dun monte galego sustentábel nun rural con futuro

Compostela 20-O: pola defensa dun monte galego sustentábel nun rural con futuro

A Plataforma ‘Por un monte galego con futuro’, convoca unha manifestación nacional para este domingo, - 12:00 horas, Alameda compostelá -. Chama a se mobilizar en defensa dun “medio rural vivo” e contra as medidas que se están a barallar na revisión do Plan Forestal que está a tramitar a Xunta ou as contempladas na Estratexia Galega contra o Cambio Climático.