![Rio San Fins [Imaxe: Adega] Rio San Fins [Imaxe: Adega]](/media/sermosgaliza/images/2017/11/25/2017112512480225119.jpg)
A rede ContraMINAcción, integrada por unha vintena de colectivos, denuncia que o informe dun equipo da USC no que a concesionaria da mina de San Finx e a Dirección Xeral de Enerxía e Minas se apoian para desbotar o impacto ambiental da explotación está "repleto de plaxios de traballos doutros autores que se manipulan sen pudor".