Denuncian ante o TSXG a vertedura de toneladas de refugallos industriais contaminantes en Ferrolterra

Denuncian ante o TSXG a vertedura de toneladas de refugallos industriais contaminantes en Ferrolterra

Adega afirma que hai milleiros de toneladas de "tecnosolos" vertidos sobre prados, mananciais e mesmo a carón de ríos na comarca de Ferrolterra, que amosan altas cantidades de hidrocarburos e metais pesados, superando os máximos legais para a protección da saúde humana.