A MOSTRA, QUE RECIBIU XA A VISITA DE MÁIS DE 30 MIL PERSOAS, CONTINÚA ABERTA ATÉ 31 DE OUTUBRO

Eros nos xardíns de Allariz 

Eros nos xardíns de Allariz 

Allariz acolle desde maio pasado a novena edición do seu Festival Internacional de Xardíns, que acumula xa máis de 33.000 visitas. A erótica é o tema principal deste ano, e un labirinto de sedas, cores e texturas enche os 20.000 metros cadrados á beira do río Arnoia. As instalacións artísticas dos 11 paisaxistas abren as cancelas para explorar doce parcelas que son, ao tempo, xardíns e refuxios de intimidade nos que o orgánico e os sentidos rozan os dedos. Para as máis atrasadas aínda fica tempo, a mostra pechará o 31 de outubro.




x