Premio Nacional de Teatro 2014, Chévere é o grande reclamo da campaña de nadal de Vegalsa-Eroski, a protagonizar un anuncio que a compañía de distribución alimentaria presenta como un tributo ao teatro galego.
A rodaxe do anuncio, interpretado por Miguel de Lira e Patricia Lorenzo, tivo como cenario o Teatro Colón da Coruña e o Eroski Center de Betanzos. O spot pode ser visto neste sitio. De Lira e Lorenzo son os protagonistas tamén de Eroski Paraíso, o primeiro espectáculo posto en andamento por Chévere após gañar o Premio Nacional de Teatro. Precisamente o sorteo de 50 billetes para presenciar esta obra —nas súas próximas representacións en Vigo, Pontevedra e Teo— fai parte tamén da campaña 'Comparte a Maxia'.
Vegalsa-Eroski é unha compañía participada ao 50 por cento polo grupo galego liderado pola familia Ventura González e pola cooperativa vasca Eroski. Ten perto de 6.000 traballadoras e traballadores e en 2017 a súa facturación ultrapasou os 1.000 millóns de euros (1.048). A marca posúe 262 establecimientos en Galiza, Asturias e Castela e León.
Non é a primeira vez que Vegalsa-Eroski aposta en referentes da cultura galega na súa campaña de nadal. Xa o fixo o ano pasado con De Vacas e a Compañía Nova Galega de Danza.
Esta quinta feira o profesorado galego baleira as aulas nunha folga xeral en todo o sector público educativo para reivindicar a recuperación das horas lectivas que perderon nos últimos anos cos recortes.
A unión sindical do sector do ensino galego paraliza as aulas este 12 de decembro e pon en evidencia a falta de diálogo de Carmen Pomar, conselleira de Educación. O profesorado reivindica recuperar as horas lectivas perdidas e defende os sacrificios que fixo todos estes anos. Eis un estrato da peza publicada no número 376 do semanario en papel Sermos Galiza.
O impagamento do aluguer é hoxe, de lonxe, a causa maioritaria dos lanzamentos xudiciais na Galiza, o que se coñece como desafiuzamentos. Distintas entidades de corte social reivindican o apoio mutuo e a acción e a reivindicación como a mellor ferramenta, diante da ineficacia das Administracións ante un problema que é "estrutural, complexo e colectivo".
Representantes do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita viaxaron até Bruxelas para expór as súas demandas no Parlamento Europeo. Da man da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cursaron unha solicitude na Comisión de Peticións para que se investigue o uso de contratos temporais polo Sergas.