![[Imaxe: Concello da Coruña] O centro da Coruña, ateigado [Imaxe: Concello da Coruña] O centro da Coruña, ateigado](/media/sermosgaliza/images/2019/03/09/2019030910161478063.jpg)
Ducias de milleiros de persoas saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para reclamar igualdade o 8 de marzo. Vigo, Compostela e A Coruña acubillaron as manifestacións máis numerosas, que mesmo superaron as de 2018, ano en que se produciu un punto de inflexión na conmemoración do Día da Muller Traballadora ao incorporar a folga como ferramenta de reivindicación.