Folga indefinida do estudantado de Medicina

Folga indefinida do estudantado de Medicina
Sentada do alumnado de Medicina no interior da facultade.
(Foto: Arxina)
Sentada do alumnado de Medicina no interior da facultade. (Foto: Arxina)  

Por un ensino digno e de calidade. O alumnado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela iniciou esta terza feira un paro indefinido. Busca respostas e solucións a todos os problemas que, segundo denuncia, soportan a diario desde hai varios anos no seu centro de estudos.