O BNG CHAMA A UNHA PARTICIPACIÓN MASIVA NA FOLGA DO 8M

Gobernos "feministas" fronte á "dereitona na que milita Feixoo"

Gobernos "feministas" fronte á "dereitona na que milita Feixoo"
As parlamentares do BNG posan nun selfie diante do Pazo do Hórreo
As parlamentares do BNG posan nun selfie diante do Pazo do Hórreo  

As 4 parlamentares do BNG ofereceron esta terza feira unha imaxe simbólica de apoio á folga feminista do 8M. Apareceron diante do Pazo do Hórreo para se fotografaren e atenderen os medios. Lucían camisolas brancas coa lenda 8 de Marzo. Eu vou á folga feminista. Ana Pontón chamou á formación de "gobernos feministas" fronte á "dereitona na que milita Feixoo" e criticou a "hipocresía" das forza políticas que un día poñen o lazo lila e o resto do ano esquecen a causa das mulleres.