En menos de dous días a provincia de Ourense rexistrou incendios en sete concellos, oito lumes que calcinaron máis de 310 hectáreas e que amosan que a desestacionalización dos incendios é unha realidade.
O de San Pedro da Torre, no municipio de Padrenda, foi o lume máis importante. Procedente de Portugal arrasou 225 hectáreas, das cales 45 eran de arborado. Na Mezquita (28 hectáreas calcinadas) e O Carballiño (23 Has) tamén sufriron as consecuencias das lapas. Outros concellos onde nestas horas se rexistraron incendios foron A Gudiña, Viana do Bolo, Manzaneda, Cualedro.
Un informe recente de Atrifoga, a Asociación de traballadores de incendios forestais de Galiza, apontaba da auxe dos lumes fóra da tempada de alto risco. Así, sinalaban, entre decembro 2016 e xaneiro de 2017 houbo no noso país perto de 180 lumes forestais, dous terzas partes dos cales decorreron en Ourense.
En 2015 houbo tamén importantes lumes forestais no país. En moitos casos nas mesmas zonas onde tiveron lugar os de 2016. E, lembra Atrifoga, en anos anteriores tamén fóra da tempada de alto risco houbo importantes incendios, situación descoñecida anos atrás en Galiza. Dous exemplos: marzo de 2012 as Fragas do Eume, calcinando 800 hectáreas; e no mesmo mes lume no Courel que arrasou 230 Has. En decembro de 2013, un lume afectou 300 hectáreas na Serra do Xurés.
Após o informe favorábel do Consello Galego de Universidades, o anteproxecto de Lei de recoñecemento da universidade privada de Abanca debe pasar polo Consello da Xunta antes da súa tramitación parlamentaria. Eis un estrato da peza publicada no número 376 do semanario en papel Sermos Galiza.
A plataforma 'Vía Galega' mobilizou a centos de persosa nas concentracións que levou a cabo en 46 municipios de toda Galiza baixo o lema 'Non Emigramos. Expúlsannos'.
En vésperas do Día internacional das persoas migrantes, que se celebra cada 18 de decembro, Sermos Galiza afonda nas características dos movementos da emigración galega actual, que teñen particularidades a partir da crise socioeconómica que trouxo a década, pero que manteñen desde hai sete décadas un destino preferente, que os diferencia dos do resto do territorio
estatal: Suíza.
O anuncio do presidente do Goberno, Alberte Núñez Feixoo, da posíbel revisión do peche do paridoiro do hospital de Verín foi recollido con cautela polas forzas políticas e polo comité do centro. Critican que a Xunta ligue a revisión da súa decisión á cobertura de dúas prazas de pediatría, cuxa convocatoria quedou deserta en xuño, e demandan que o Sergas retribúa ás profesionais que traballan fóra das grandes urbes.