O PP elimina definitivamente as axudas á vivenda


O PP elimina definitivamente as axudas á vivenda

O PP vén de eliminar mediante unha enmenda á lei presentada no Senado as axudas á vivenda. A deputada do BNG, Carme Adán, revelou a operación en comisión parlamentaria e mostroulle aos deputados do PP a enmenda pola cal o goberno prescinde das axudas coñecidas como subsidiación de préstamos.

O PP elimina as axudas á vivenda por medio dunha enmenda presentada no Senado á Lei de medidas de flexibilidade e fomento do mercado do aluguer de vivendas. A deputada do BNG no Parlamento galego, Carme Adán, revelou a operación na comisión parlamentaria na que mostrou o texto defendido polo PP en Madrid ao tempo que denunciou que o goberno galego, en concreto o IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo) asuma a decisión e non “pense facer nada ao efecto”.

Miles de familias afectadas

“Miles de familias galegas fican sen un dereito que xa tiñan recoñecido polos Plans de vivenda en base aos que asinaron os seu créditos e mercaron as vivendas” denuncia a deputada.

Adán repartiu entre aos membros do PP na comisión de Economía unha copia da enmenda para que “coñezan o que o seu partido defende e vota en Madrid”. Lamentou que na súa intervención o secretario xeral do IGVS, non ofrecera ningunha aalternativa “para as persoas que xa tiñan adquirido o dereito ás axudas poidan seguir pagando a súa hipoteca”.