FECHE DE CAMAS

O verán non é para enfermar

O verán non é para enfermar
[Imaxe: CIG-Saúde]
[Imaxe: CIG-Saúde]  

O feche de camas é xa unha tradición que se sucede ano tras ano nos meses estivais nos hospitais galegos. Unha situación insostíbel para moitas e moitos doentes que se ven abocados a agardar en salas de espera saturadas por uns servizos aos que teñen dereito en situacións nas que a súa dignidade e privacidade pouco parecen importar. Mentres tanto, o Sergas non busca solución a este problema, pois directamente non o recoñece como tal. Publicamos un extracto da información recollida no semanario Sermos Galiza 256.