ADOLFO MUÍÑOS, ALCALDE DE RIANXO

“Se a orixe do incendio é unha faísca dun cable de alta tensión, pediremos responsabilidades a esa eléctrica”

Adolfo Muíños con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG,  e o cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego visitaron a zona afectada polos incendios.

O incendio en Dodro-Rianxo arrasou máis de 1.120 hectáreas en apenas 40 horas, sendo o lume máis devastador no último ano e medio que padeceu Galiza. “É necesario un servizo de loita contra os incendios que estea operativo todo o ano iso de que o lume só é no verán acabou”, dinos o rexedor rianxeiro.