De mallar ‘rojos’ a destruír monumentos a vítimas do franquismo: unha ruta pola violencia da extrema dereita en Galiza

De mallar ‘rojos’ a destruír monumentos a vítimas do franquismo: unha ruta pola violencia da extrema dereita en Galiza
Monumento na Cruz de Maceira ás persoas represaliadas no Morrazo polo franquismo. 
Atacado en agosto de 2014.
Monumento na Cruz de Maceira ás persoas represaliadas no Morrazo polo franquismo. Atacado en agosto de 2014.  

A brutal malleira a un independentista en Ferrol volveu traer ao primeiro plano a existencia no noso país dunha violencia da extrema dereita e que se concreta en ataques a persoas, símbolos e bens que merecen o seu odio: de bandeiras galegas a monumentos a vítimas do franquismo.