O 9 DE XANEIRO

O persoal de Urxencias de Santiago manifestarase pola “dignidade” do servizo

O persoal de Urxencias de Santiago manifestarase pola “dignidade” do servizo
Protesta do persoal de Urxencias do Hospital de Santiago o mes pasado. Foto: cedida.
Protesta do persoal de Urxencias do Hospital de Santiago o mes pasado. Foto: cedida.  

Os conflitos agroman e reprodúcense por todos os recantos e servizos da sanidade pública. A Xunta de Feixoo recolle o que vén sementando ao longo dunha década de recortes e reorganización neoliberal do sistema. A manifestación que o persoal de Urxencias do Hospital de Santiago convocou para o 9 de xaneiro é apenas un novo síntoma.