O DEPUTADO DO GRUPO MIXTO DAVIDE RODRÍGUEZ CULPA A XUNTA

Pumbariños, o castiñeiro máis antigo do país, ameazado polo desleixo

Pumbariños, o castiñeiro máis antigo do país, ameazado polo desleixo
Imaxe do Souto de Rozavales. Foto: Davide Rodríguez.
Imaxe do Souto de Rozavales. Foto: Davide Rodríguez.  
No Souto de Rozavales, en Manzaneda, atópase o castiñeiro coñecido máis antigo de Galiza: o de Pumbariños, 13 metros de perímetro. Hai 19 anos, o Goberno galego declarouno Monumento Natural. Esta catedral da natureza áchase agora ameazada polo desleixo. Denúnciao o deputado do Grupo Mixto Davide Rodríguez.