A REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ+ RECLAMA Á XUNTA QUE SE POSICIONE CONTRA OS ATAQUES DISCRIMINATORIOS

Nova campaña homófoba de Hazte Oír nos centros de ensino galegos

Nova campaña homófoba de Hazte Oír nos centros de ensino galegos
Unha das campañas transfóbicas de Hazte Oír
Unha das campañas transfóbicas de Hazte Oír  
A Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+  reclamou esta sexta feira, día 8, á Consellaría de Educación que se posicione contra a última campaña da entidade ultracatólica Hazte Oír, dirixida a centros de ensino, docentes e comunidades escolares.