UNHA DAS PRIMEIRAS ACHEGAS XORNALÍSTICAS PUBLICADA EN 1991

Reeditado o libro de Perfecto Conde sobre o narco

Reeditado o libro de Perfecto Conde sobre o narco

O libro La conexión gallega, del tabaco a la cocaína foi un dos primeiros achegamentos monográficos ao fenómeno do narcotráfico do xornalismo galego. Para redactalo, o seu autor, Perfecto Conde (A Pontenova, 1945), chegou a recadar información en Colombia, México ou Arxentina. Fóra de catálogo desde hai anos, a editorial Foca encárgase de volvelo colocar nas librarías.
 




x