A sanidade pública retoma as mobilizacións: manifestación o 26 e folga en Atención Primaria a finais de novembro

A sanidade pública retoma as mobilizacións: manifestación o 26 e folga en Atención Primaria a finais de novembro
Concentración esta quinta feira no centro de saúde San Xoán, na Coruña.
Concentración esta quinta feira no centro de saúde San Xoán, na Coruña.  
Os colectivos de profesionais de Atención Primaria volven parar cinco minutos esta quinta feira diante dos centros de saúde de todo o país, e farano nas seguintes semanas o mesmo día, en protesta pola situación do servizo, que afecta desde as condicións laborais das traballadoras até as prestacións ás usuarias e usuarios. Ademais, anuncian unha manifestación en Compostela para o sábado 26 de outubro e dúas xornadas de folga o 27 e o 28 de novembro.