AUMENTO DE 5% NUN LUSTRO

O Sergas gastará este ano máis de 670.000 euros en cregos para a sanidade pública

O Sergas gastará este ano máis de 670.000 euros en cregos para a sanidade pública
Fotografía dunha capela nun hospital público.
Fotografía dunha capela nun hospital público.  

Os efectos da política de recortes en sanidade que deteriora e precariza áreas como Atención Primaria, Pediatría, Urxencias ou Psiquiatría non afecta aos servizos relixiosos nos hospitais públicos e concertados de Galiza. A partida para capeláns aumenta ano tras ano:  54.000 euros mensuais en 2019 para pagar salarios e cotizacións aos capeláns que prestan asistencia relixiosa en centros sanitarios públicos.