
Cuarta e quinta feira, convocada pola Asemblea de Áreas Sanitarias, que denuncia a “sobrecagra” e o “deterioro” no servizo. A Consellería de Sanidade afirma que a folga na mañá desta cuarta feira está a ser secundada por 12,7% do total do persoal chamado ao paro. Porén, desde as convocantes destacan que a greve está a ter "un bo seguimento". Así, cifran que está a ser secundada por 83% persoal na área de Vigo, 60% na de Ourense, 47% na da Coruña, 35% na de Compostela e 33% na de Lugo.