O Tribunal Supremo sinala ao ex alcalde de Ribadumia, Nené Barral, como presunto líder dunha rede de contrabando de tabaco de 72 millóns

O Tribunal Supremo sinala ao ex alcalde de Ribadumia, Nené Barral, como presunto líder dunha rede de contrabando de tabaco de 72 millóns
O auto do Tribunal Supremo continúa unha causa que abriu a xuíza Pilar de Lara, dentro do marco da operación Cebra, que tiraba do fío dunha suposta rede de contrabando de tabaco. O texto sitúa ao ex alcalde de Ribadumia polo PP, José Ramón "Nene" Barral, como cabeza dunha trama de contrabando de tabaco valorado en 72 millóns de euros.