A Xunta ten un mes para acatar a sentenza que ilegaliza parte do decreto contra o galego

A Xunta ten un mes para acatar a sentenza que ilegaliza parte do decreto contra o galego
[Imaxe: A Mesa]
[Imaxe: A Mesa]  

É o prazo que dá o TSXG en resposta a un requerimento da CIG-Ensino e da Mesa. Para ambos colectivos, o único xeito de acatar o fallo é derrogar o decreto plurilingüe. O Superior galego advirte que da desobediencia derivarán multas ou responsabilidades penais.