DENUNCIAN O DETERIORO DO SERVIZO

Usuarias acusan Renfe de “intentar expulsalas” para “afundir” a liña Ferrol Ribadeo

Usuarias acusan Renfe de “intentar expulsalas” para “afundir” a liña Ferrol Ribadeo
Imaxe do comboio que vai de Ferrol a Ribadeo. Foto: cedida.
Imaxe do comboio que vai de Ferrol a Ribadeo. Foto: cedida.  Foto: M.L.
Renfe está a deixar caer o tren da liña Ferrol Ribadeo. “Atopamos coa súa teima en afundila, coa franca intencionalidade de intentar expulsar as usuarias dos servizos”, entende plataforma pola defensa do ferrocarril Ferrol Ribadeo nun duro comunicado en que ademais prevén “unha drástica redución ou eliminación” da liña.