DEFENSA DA TERRA

Van xa dous anos de loita contra a mina de Touro-O Pino

Van xa dous anos de loita contra a mina de Touro-O Pino
Manifestación contra a mina de Touro-O Pino
Manifestación contra a mina de Touro-O Pino  

Vinte e catro meses en pé leva a veciñanza de O Pino e Touro contra o proxecto mineiro de extracción de cobre anunciado en 25 de agosto de 2017 no Diario Oficial da Galiza. Desde entón puxéronse en marcha diversas accións en defensa do medio e da poboación, desde manifestacións e roteiros reivindicativos a iniciativas parlamentares, recollidas de sinaturas, elaboración de informes e estudos e apresentación de denuncias.