Un vertedoiro submarino de millóns de metros cúbicos de lodos portuarios a dúas millas do Parque Nacional Illas Atlánticas

Un vertedoiro submarino de millóns de metros cúbicos de lodos portuarios a dúas millas do Parque Nacional Illas Atlánticas
Sálvora.
Foto: Turismo.gal
Sálvora. Foto: Turismo.gal  

O punto entre Sálvora e Ons elixido a finais da década dos 90 polo Estado para depositar os lodos e residuos extraídos no dragado de ampliación do Porto de Vilagarcía continúa a ser para a administración unlugar ideal para verter eses residuos. Un punto situado a 2 millas de Sálvora e 3,7 millas de Ons, ambas as dúas illas do Parque Nacional Illas Atlánticas. Sectores produtivos e colectivos ambientalistas piden que se acabe de vez con este "despropósito".