DÍA DA MULLER RURAL

Visíbeis e diversas

Visíbeis e diversas
Arabías traballa desde o feminismo coas mulleres do rural galego.
(Foto de Lucía Catoira Pan)
Arabías traballa desde o feminismo coas mulleres do rural galego. (Foto de Lucía Catoira Pan)  
Investigación, sensibilidade e formación. Son os propósitos cos que se presentaron hai algo máis dun ano as dúas fundadoras de Arabías, unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que busca tecer redes de acción e participación dende unha perspectiva de xénero.