As vítimas de Angrois esixen cesamentos cinco anos despois do accidente

As vítimas de Angrois esixen cesamentos cinco anos despois do accidente
Manifestación das vítimas do Alvia en Compostela, esta terza feira 24 de xullo. Foto: Laura R. Cuba.
Manifestación das vítimas do Alvia en Compostela, esta terza feira 24 de xullo. Foto: Laura R. Cuba.  Laura R. Cuba

Unha manifestación con centos de persoas percorreu esta mañá as rúas de Santiago de Compostela. Encabezábana vítimas e familiares de vítimas do accidente ferroviario de Angrois. “É hora de que comece a haber dimisións e cesamentos”, esixiu o portavoz da plataforma, Jesús Domínguez.