O APALPADOR DA ILUSTRACIÓN SALTA AO VÍDEO

Canta co Apalpador. Agasalla un diario en galego!

Canta co Apalpador. Agasalla un diario en galego!
[Imaxe: Leandro Lamas]
[Imaxe: Leandro Lamas]  

Non hai moitos anos, coincidindo co día de San Silvestre, nas aldeas do Courel preparábanse para a visita do Apalpador. Viña sempre tras a celebración familiar da Noite Vella. As nenas e os nenos marchaban axiña para a cama e cando aínda non lles dera tempo a prender no sono, baixaba o carboeiro da devesa para apalparlles a barriga, deixarlles unha presa de castañas e desexarlles un ano novo cheo de fartura. Desde antigo, o rito facíase cadrar co solsticio de inverno. Hoxe perdura como expresión cultural propia. O Apalpador de Leandro Lamas que ilustra esta reportaxe no semanario salta ao vídeo! VÍDEO NO INTERIOR.