O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra admitiu a trámite a demanda de xuízo ordinario presentada pola Fiscalía contra a concesionaria da AP-9, Audasa, en exercicio da acción colectiva de cesación en defensa dos consumidores e usuarios polo que considera prácticas "abusivas" da empresa. O Ministerio fiscal sinala que cobrou as peaxes íntegras durante "polo menos os tres anos, entre febreiro de 2015 e xuño de 2018” que duraron as obras de ampliación da autoestrada na contorna da ponte de Rande.
O Xulgado do Mercantil tamén acorda no auto realizar un chamamento a persoarse no proceso a quen teña a condición de prexudicado por ser usuario do servizo que deu orixe a demanda co obxectivo de que fagan valer o seu dereito ou interese individual. Así, decreta a publicación da admisión da demanda en dous diarios.
O chamamento suspenderá o curso do proceso por un prazo de dous meses. O inicio do cómputo deste prazo comezará a contar ao día seguinte á publicación do chamamento nos diarios.
Após descubrir labores destinados a drenar a lagoa que se forma de maneira natural na praia de Lourido (Poio), a Asociación Pola Defensa Ría tomará cartas no asunto presentando denuncia para que se estuden os feitos.
Milleiros de persoas botáronse de novo á rúa para reclamar que continúe aberto o paridoiro do Hospital Comarcal de Verín, emulando un funeral pola desaparición desta unidade.
A empresa holandesa contratada polo armador do Blue Star, SMIT Salvage, e a compañía local Ardentia Marine continúan cos preparativos para retiraren o quimiqueiro, xa sen combustíbel, da costa galega.
As persoas integrantes da plataforma Long Hope concentráronse o sábado 7 de decembro na Coruña, diante do consulado de Noruega para lle reclamaren a este país o pago das súas pensións.