AFIRMA QUE DECLARAR "PRAGA" É RESPONSABILIDADE DO GOBERNO CENTRAL

A Xunta desenténdese da praga das velutinas

A Xunta desenténdese da praga das velutinas
Vespa velutina.
Vespa velutina.  

A Xunta desenténdese da praga das vespas velutinas. Así o expresou esta segunda feira a conselleira de Medio Rural Ángeles Vázquez, quen asegurou que a declaración de “praga non é competencia da consellaría nin do Goberno galego”. Vázquez apuntouse a unha táctica clásica nos executivos de Núñez Feixóo e afirmou que a resonsabilidade é da Moncloa.