ACCIDENTE DE ANGROIS

O fiscal do Alvia di que é "moi difícil" que poidan producirse novas imputacións

O fiscal do Alvia di que é "moi difícil" que poidan producirse novas imputacións
angrois
angrois  

“Moi difícil”. Así ve Antonio Roma, fiscal do caso Alvia, que poidan producirse novas imputacións como consecuencia do sinistro ferroviario que tivo lugar en Angrois o 24 de xullo de 2013.


O fiscal responsábel do caso Alvia, Antonio Roma, puxo de manifestó esta mañá nunha entrevista concedida á Radio Galega que ve “moi difícil” que poidan ter lugar novas imputacións polo sinistro de Angrois (Santiago de Compostela), pois “os informes periciais dixeron o que dixeron”.

En relación ao escrito no que o maquinista que conduciu o Alvia até Ourense pide a imputación de catro directivos de Adif, o fiscal sinalou que “as imputacións penais requiren a existencia de indicios obxectivos para proceder á imputación”. Malia desbotar máis imputacións, avanzou que estudará todos os escritos.

Roma, ao que as vítimas e familiares das vítimas acusan de responder aos intereses de Adif e de Renfe, sinalou que “a responsabilidade penal ten as súas regras e non é que sexa eu, é que é a Audiencia Provincial, son tres maxistrados, quen desbotaron rapidamente a imputación de delito contra a seguridade pública e tamén outras posíbeis imputacións”.

Por último, o fiscal rexeitou nesta entrevista que existan “atrancos” no proceso de instrucción. Apuntou que a instrución se demorou porque as persoas encargadas da peritaxe “tenían que informar” e precisan de tempo.