@s 37 [email protected] de Infinita protestan contra o despedimento de 6 compañ[email protected]
CC BY-SA Sermos Galiza
CC BY-SA Sermos Galiza  

A planta ten adxudicada practicamente toda a cota galega de biodiesel (300 mil das 335 mil toneladas que ten Galiza) mais a inacción do Goberno español deixaron a factoría en mans dun grupo indonesio.


[email protected] @s [email protected], 37, da planta de biodiesel Infinita Renovábeis, fincada no porto exterior de Ferrol, encetaron esta quinta feira ás 7.30h da mañá unha concentración en protesto polos seis despedimentos que a empresa ten pensado efectuar.

A maior factoría de produción de biodiesel da Galiza pasará mañá, sexta feira 14 de marzo, a mans da filial dun grupo indonesio, Musim Mas. No acordo de cesión das instalacións está tamén rexistrada a subrogación dos empregados. Porén, a só 24h de se efectuar o pacto, Infinita Renovábeis teima en despedir seis persoas. 

Así llo explicou a Sermos Galiza Anxo Fernández, un [email protected] [email protected], quen asegura que "neste momento aínda non sabemos cales son os motivos dos despedimentos" e afirma que "seguiremos á porta da empresa até que non nos reciba a equipa directiva".

A produtora de biodiesel con máis capacidade da Galiza

A factoría, pertencente até o de agora ao grupo Isolux Corsán, completou con éxito o proceso de reparto de cotas realizado polo Goberno español após tres anos de inacción e conseguiu 300.000 toneladas das 335.000 que lle adxudicaron á Galiza. As outras 35.000 foron para Betarenowable Group, que posúe unha planta en Begonte. 

Desde 2010, patronal e persoal laboral do sector estiveron a reclamar do Executivo español medidas que permitisen frear as importacións masivas deste combustíbel desde Arxentina e Indonesia, apoiadas polos seus respectivos gobernos e cunha política aranceraria que grava con maior énfase a materia prima que o produto que xa completou o proceso.

Finalmente, Madrid moveu ficha, mais non o fixo para beneficiar as factorías galegas: a produtora de maior capacidade vai parar a mans indonesas, xustamente as mesmas que abocaron o sector á precaria situación en que se atopa, situación que este xornal analizou no seu semanario nº87.