Acampada de traballadores da xustiza fronte á Xunta

Acampada de traballadores da xustiza fronte á Xunta

Os sindicatos instan o goberno galego a “retomar o diálogo”


Camiño dos 80 días de greve, os traballadores e traballadoras da administración de xustiza de Galiza manteñen as mobilizacións embora o empecinamento da Xunta, redobrado após a rotura das negociacións a finais da semana pasada. A nova media do persoal da administración de xustiza é un campamento fronte á sede da Xunta, en San Caetano (Compostela).

A acampada reivindicativa prodúcese após unha nova rotura das negociacións, o que orixinou que o pasado sábado o comité de folga, integrado polos sindicatos USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UXT, CSIF, STAJ, CIG e CC.OO, rexistrase un novo escrito no que solicitaba á Xunta a "inmediata convocatoria" da mesa de negociación para retomar o diálogo.

‘De Galiza non nos movememos’ reflíctese nunha das faixas deste protesto, que non foi o único que decorreu esta segunda feira. En Vigo houbo concentración. Os sindicatos destacan o alto grao de implicación dos traballadores nunha greve que xa supera os dous meses e medio.