Alcoa, greve de 24 horas na Coruña e protesto perante San Cibrao

Alcoa, greve de 24 horas na Coruña e protesto perante San Cibrao

Un grupo de traballadores da factoría coruñesa trasladouse até a planta de San Cibrao, en cuxas portas permanecen concentrados baixo a consigna “Peche Non”.


O persoal da factoría da Coruña mantén a loita contra o ERE extintivo da multinacional para as plantas coruñesa e de Avilés. Ás 00:00 horas desta quinte feira iniciaba unha greve de 24 horas e desde primeiras horas desta sexta operarios de Alcoa-Coruña manteñen unha concentración na factoría da empresa en San Cibrao, na Mariña.

Na factoría coruñesa fican as 70 persoas encargadas dos servizos mínimos, o resto do persoal na súa gran maioría desprazarse até San Cibrao. O feito de se concentrar alí é a importancia desa planta para a multinacional en Europa. 

O comité de empresa defende a viabilidade da factoría e insiste en que se poden manter 100% dos empregos, dúas cuestións que van marcar a súa liña de actuación nas negociacións do ERE.



x