Alcoa optará ás subvencións para compensar custos de emisións indirectas de CO2

Alcoa optará ás subvencións para compensar custos de emisións indirectas de CO2
Alcoa en San Cibrao  [Imaxe: Cedida]
Alcoa en San Cibrao [Imaxe: Cedida]  

O Consello de ministros anuncia aumentos nestas axudas coa obriga de manter a actividade produtiva durante un período de tres anos e desde o comité aseguran que “faltan máis pasos” .


O Consello de Ministros autorizou esta sexta feira 25 de outubro aumentar até os 172,23 millóns de euros o orzamento destinado á convocatoria de 2019 para a concesión das subvencións relativas ao mecanismo de compensación de custos de emisións indirectas de gases de efecto invernadoiro para custos realizados en 2018.

Esta decisión amplía a contía de 91 millóns de euros aprobada o pasado 29 de marzo e atenderá as 192 solicitudes recibidas. A execución do orzamento autorizado sería, polo tanto, do 100%, segundo informou o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo nun comunicado.

Alcoa optará ás axudas

Fontes de Alcoa confirmaron a Sermos Galiza o interese da empresa por optar a estar axudas. Estas medidas para o impulso da competitividade económica no sector da industria e o comercio estabelecen que as beneficiarias teñen a obriga de manter a actividade produtiva durante un período de tres anos a partir da data en que se dite a resolución da concesión. Este punto podería non darse se a empresa non ten outras garantías.

Desde o comité de empresa de Alcoa, o seu presidente, Xosé Paleo, sinala a Sermos Galiza que a medida “é un paso mais". "Faltarían outros, como a garantía de ter un prezo máis reducido en poxa e un novo estatuto que contemple novas medidas como a redución de taxas”, observa. Paleo explica que a empresa pode optar a estas axudas mais non asegura “que acepten as condicións que impoñen”.