“Cantas máis empresas dependan do lume máis problemas haberá para desmontar a vinculación negocio-incendio”

“Cantas máis empresas dependan do lume máis problemas haberá para desmontar a vinculación negocio-incendio”

Os axentes forestais e ambientais da Xunta, en greve indefinida dende 1 de agosto, continúan a desenvolver accións reivindicativas.


“Cando vemos as inxentes cantidades de diñeiro que se gastan en drons, cámaras, material para a Axencia Galega de Emerxencias, exército, etc. sorpréndenos que non se acepten as reivindicacións en prol da mellora dun servizo público único, xa que temos que lembrar que a dirección técnica de extinción de incendios a realizan os axentes ambientais, e que canto máis atomizado e máis empresas dependan do lume máis problemas haberá para desmontar a vinculación negocio-incendio”. Así o manifestan os axentes forestais e ambientais da Xunta que están en greve indefinida desde o 1 de agosto para reclamar un acordo laboral que permita mellorar as súas condicións de traballo. Este paro está marcado por uns servizos mínimos de 100%.

Desde o comité de greve (CIG e UGT) lembran que abandonaron a última reunión coa Xunta tras constatar a falta de propostas e de vontade negociadorapor parte da administración,á que acusan de pretender impoñer un acordo laboral que  mantén un exceso de xornada (1.700 horas anuais); quendas de garda de 12 horas presenciais durante a campaña de verán; aumento da xornada nocturna de inverno de 7 a 10 horas; non garante o período de descanso semanal de 48 horas consecutivas.; e non define a segunda actividade nin os coeficientes redutores da idade de xubilación.



x