CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados na protesta de Alcoa en Madrid

CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados na protesta de Alcoa en Madrid
[Imaxe: Cedida]: Apoio denunciadas e denunciados Alcoa en Ferrol
[Imaxe: Cedida]: Apoio denunciadas e denunciados Alcoa en Ferrol  

Traballadores e cargos públicos recibiron citacións xudiciais por un suposto delito de “atentado” contra a autoridade


 

Esta terza feira 8 de outubro representantes de CCOO e cargos públicos concentráronse diante das dependencias xudiciais de Ferrol para arroupar as traballadoras e traballadores denunciados na protesta do persoal de Alcoa do pasado 28 de marzo diante do Congreso en Madrid.

Nesta ocasión compareceu por videoconferencia o secretario xeral de Industria de CCOO-Galicia, Victor Ledo. O sindicalista foi citado en calidade de investigado por un presunto delito de atentado á autoridade.

Entre as persoas denunciadas están tamén o presidente do comité de empresa de Alu Ibérica LC (antiga Alcoa-A Coruña), Juan Carlos López Corbacho, así como outros dous traballadores afiliados a CCOO. En relación aos cargos públicos, están denunciados as deputadas e deputados de Unidas Podemos Rafa Mayoral, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Yolanda Díaz.