Centos de persoas apoian en Narón a loita do persoal de Poligal

Centos de persoas apoian en Narón a loita do persoal de Poligal

A manifestación a viabilidade da factoría naronesa e denuncian o “concurso intencionado e fraudulento” presentado polo grupo Peralada, que deixa 108 operarios e operarias na rúa.


Por volta de 1.500 persoas participaron en Narón na manifestación convocada polo comité de empresa de Poligal e que marca o inicio, segundo os sindicalistas, dun inicio da “intensificación das medidas de protesta”. Esta cuarta feira, una delegación das e dos traballadores estivo no Parlamento de Galiza, onde se debatían mocións que pedían solución para a factoría naronesa.

Poligal é un dos principais fabricantes europeos de film de polipropileno biorientado e cast (BOPP e CPPP respectivamente), que se empregan para producir solucións de envasado. Ten tres plantas: unha en Narón, outra en Polonia (empezou a funcionar en 2017)  e máis unha en Arcos de Valdevez, Portugal, operativa desde 2016. A dirección do holding catalán quere pechar a fábrica naronesa aducindo perdas millonarias nos últimos cinco anos e a nula viabilidade dun sector que, din, adoece dunha excesiva potencia instalada.

Desde o cadro de persoal, porén, deféndese a viabilidade da factoría: “Ben xestionada, é viábel e ten futuro”, manteñen desde o comité de empresa, que subliña como o fechamento da planta “é un desastre para esta comarca”. Consideran que o que fai a dirección é derivar a produción a Portugal e Polonia para maximizar beneficios.