A CIG convoca asembleas de [email protected] para analizar as últimas reformas


A CIG convoca asembleas de [email protected] para analizar as últimas reformas

Terán lugar o 23 de setembro en todas as comarcas do país.

A central sindical nacionalista avaliará o contido e consecuencias das últimas reformas aprobadas polo goberno español através da convocatoria de asembleas de [email protected] en todas as comarcas do país. 

Os asuntos que se analizarán serán algunhas das medidas máis rexeitadas dos últimos meses, entre elas, a reforma fiscal e a lei de seguridade cidadá ou 'lei mordaza'. 

Aliás valorarán o proceso de diálogo aberto entre os sindicatos UGT e CC.OO e o goberno de Mariano Rajoy e que para a CIG supón un "aval" das políticas "antisociais" desenvolvidas durante os últimos anos e o reflexo do "entregüismo", denunciou Suso Seixo, de ambas as dúas organizacións "a toda a política que o PP vén aplicando con dureza". 

Neste senso, convocan concentracións perante as oficinas do INSS para amosar o seu rexeitamento á reforma da Lei de Mutuas que suporá a privatización dos controis de baixas temporais por enfermidade. "Está claro que estas entidades buscarán a rendibilidade na xestión dos recursos para as baixas en vez de preocuparse pola saúde da clase traballadora", denunciou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.