A CIG xa é a primeira forza sindical en Galiza

A CIG xa é a primeira forza sindical en Galiza
Manifestación da CIG en Vigo
Manifestación da CIG en Vigo  

O sindicato nacionalista acada os 4.480 delegados e delegadas - 28,3% do total-; superando UXT e CCOO. É a primeira vez que o nacionalismo se sitúa como primeira forza en representantes, un salto cualitativo.


A CIG era a primeira forza sindical en Galiza en afiliación e capacidade mobilizadora. Esta era a afirmación que o sindicato nacionalista mantiña nestes anos sobre si propio. Agora, os datos tamén ratifican que a CIG é o primeiro sindicato no país en número de delegados e delegadas, no que é un paso de gran importancia para o nacionalismo e tamén para o sindicalismo de contrapoder. Galiza, canda Euskadi, racha co mapa do Estado dominado por dúas centrais, CCOO e UXT, de ámbito español e que apostan no pacto social.

A finais de abril CIG era convertíase na primeira central en representación, con 4.480 delegados e delegadas, o que supón 28,28% do total. En segundo lugar fica a UXT, con 4.423 representantes (57 menos que a central nacionalista) e 28,1%. Comisións Obreiras é o terceiro sindicato en Galiza en representación, con 3.933 delegados (547 menos) e 25,05% dos representantes. O sindicato socialista atinxe os seus resultados máis baixos en Galiza desde 1982 e CCOO fica lonxe daquel 35% que acadara nas primeiras eeccións sindicais, en 1978.

Catro décadas após a súa construción, o sindicalismo nacionalista sitúase como principal forza entre a poboación asalariada de Galiza. Un paso logrado a través destes anos, non exentos de dificultades e divisións. Como lembra Manuel Mera en ‘Eleccións sindicais e mobilización’, o sindicalismo nacionalista non tomou parte nas eleccións do Sindicato Vertical de 1975, apostando no boicot, vía que tamén elixíu UXT. Non así CCOO e USO, que presentaron candidaturas conxuntas.

O 1 de abril entrou en vigor o Real Decreto que permitía a libre asociación sindical e o 2 de xuño suprimíase a afiliación obrigatoria ao Sindicato Vertical. As primeira seleccións sindicais foron no primeiro trimestre de 1978 e CCOO foi clara vencedora, con 2.388 delegados e delegadas, 35% do total,. A UXT logrou 1.481 representantes.

Como sinala Mera no referido artigo, “Porén a gran sorpresa destas eleccións foi a ING que, carecendo dos recursos que CCOO, a UXT, e mesmo de USO, acadou 1.072 delegados e delegadas, un 15% do total. Superando á CSUT, que tiña moita implantación na construción e no transporte, e que conseguía 617. A USO acadou 271. O nacionalismo daba un salto decisivo, que sería fundamental para a súa expansión”.



x