A citación de Yolanda Díaz pola protesta de Alcoa foi un “erro” policial

A citación de Yolanda Díaz pola protesta de Alcoa foi un “erro” policial
[Imaxe: Cedida] Protesta de Alcoa en Madrid
[Imaxe: Cedida] Protesta de Alcoa en Madrid  

A xuíza que investiga os incidentes en Madrid diante do Congreso deixou sen efecto a citación cando comprobou que continúa a ser deputada e membro da Comisión Permanente do Congreso.


A xuíza de Madrid que abriu a investigación contra deputadas e deputados desta formación deixou esta cuarta feira 16 de outubro sen efecto a citación como investigada da portavoz parlamentaria de Galicia en Común, Yolanda Díaz, cando comprobou que a súa imputación se produciu por unha "información errónea", segundo informaron fontes xurídicas a Europa Press.

A titular do Xulgado de Instrución número 25 de Madrid, Raquel Carballos, ditara unha providencia con data do pasado 10 de outubro na que chamaba a declarar o vindeiro 4 de novembro como investigadas por un delito de atentado á autoridade a Díaz e Ángela Rodríguez ao constatar que "non teñen condición de deputadas".

Dáse a circunstancia de que Rodríguez non é deputada desde o pasado mes de abril, cando nas eleccións xerais non conseguiu manter o seu escano por Galicia en Común; mais Díaz si revalidou o seu posto. Agora, continúa sendo deputada ao ser membro da Comisión Permanente do Congreso ante a repetición de eleccións do próximo 10 de novembro, polo que o seu aforamento segue vixente e que só podería responder o Tribunal Supremo.

A convocatoria de Rodríguez mantense, polo que deberá comparecer ante a xuíza Carballos González o vindeiro 4 de novembro por videoconferencia desde os xulgados de Pontevedra, segundo sinalaba a providencia.