O comité de Alcoa da Coruña esixe a Sánchez que cumpra as promesas

O comité de Alcoa da Coruña esixe a Sánchez que cumpra as promesas
Alcoa. Foto: cedida.
Alcoa. Foto: cedida.  

O conflito pola supervivencia que viven as plantas galegas de Alcoa foi un dos protagonistas deste Primeiro de Maio. O presidente do comité de empresa da Coruña, Juan Carlos López Corbacho, aproveitou a celebración da Clase Obreira para lembrar ao Goberno de Pedro Sánchez que “debe cumprir os seus compromisos”.
 


“O Goberno ten máis forza que antes”, explicou, “o baúl das promesas está cheo. Non confíamos en ningún político, xa nos enganaron moitas veces, pero seguiremos presionando con mobilizacións”. Corbacho amén indicou que o vindeiro 6 de maio, a mesa estatal para tratar do futuro de Alcoa reunirase en Madrid.

Antes das eleccións do pasado domingo, en que o PSOE foi o partido máis votado, o presidente Pedro Sánchez comprometeuse a buscar solucións para Alcoa na Coruña. É por iso que Corbacho esixiu “o cumprimento” desas promesas para “garantir a continuidade das factorías ameazadas co peche”.