O Concello de Lugo ameaza con chamar o exército para a recollida do lixo

O Concello de Lugo ameaza con chamar o exército para a recollida do lixo
[Imaxe CIG-Lugo]
[Imaxe CIG-Lugo]  

Deu cinco días a Urbaser para resolver o conflito aberto co plantel ou do contrario, anunciaron fontes gobernamentais, solicitarán a intervención da Unidade Militar de Emerxencia (UME). 


A folga do lixo en Lugo tornou de cariz esta cuarta feira após o concello ameazar con solicitar a intervención militar para retirar o lixo acumulado. Así o anunciou un representante do executivo local, Luís Álvarez, quen argüíu a súa "obriga de garantir a seguridade" na cidade. 

Neste senso, o voceiro municipal deu un ultimatum a Urbaser --empresa concesionaria-- para que en "cinco días" re-inicia a súa actividade ou do contrario "solicitaremos axuda á Unidade Militar de Emerxencias" (UME) para que sexa o exército quen recolla os despercidios acumulados nas rúas. Neste senso, a Junta de Goberno aprobou esta cuarta feira a abertura dun "expediente sancionador a Urbaser" por unha infracción contractual "moi grave". Pois, segundo Luís Álvarez o incumprimento dos servizos mínimos motivarían o inicio dun "expediente de caducidade da concesión". 

O Concello solicitará á UME que actúe se Urbaser non recolle o lixo en 5 días e ameaza con rachar o contrato coa concesionaria por "incumprimento dos servizos mínimos"

No concreto, as ameazas do goberno local diríxense ao plantel de [email protected] que manteñen un paro indefinido desde o 10 de xuño co que reclaman a actualización salarial correspondente após teren os soldos conxelados desde 2011. 

As advertencias chegadas do consistorio prodúcense días despois de que o Concello de Lugo contratase os servizos de Tragsa para retirar o lixo antes e despois da festa do Arde Lucus. A empresa pública actuou escoltada pola policía municipal e ao contrario do que sinalara o goberno de Orozco, baleirou contedores que non se atopaban nos puntos sinalados por Sanidade como perigosos para a saúde. Desde o comité de folga e o plantel de traballadores denunciaron o que coidan é "unha vulneración do dereito a folga". 

Unha empresa "propiedade de Florentino Pérez" que "recorta dereitos" coa "colaboración do Concello"

Desde a CIG o seu secretario comarcal, Antonio Niño, sinalou que este é un obxectivo que persegue "a patronal" através da "coacción" exercida por Urbaser cara aos traballadores. "Primeiro despedindo a 12 traballadores e despois abrindo expediente ao comité de folga", explicou Niño, quen subliñou a "colaboración" do Concello coa aprobación "dun decreto de servizos mínimos totalmente abusivo" e "en segundo lugar contratando unha empresa para substituír aos traballadores en folga". 

Ao contrario do que defende o goberno de Orozco para a central sindical nacionalista "o conflito está totalmente xustificado" e manterase se así o decidiren @s [email protected] nas asembleas que desenvolven día a día. Aliás, lembran á opinión pública que Urbaser é propiedade, entre outros, de "Florentino Pérez" através de ACS, "unha das empresas do IBEX35 que se empregan para crear a Marca España" e que "pretende recortarlles dereitos" aos seus traballadores. 

Polo de agora o plantel mantén o paro e a manifestación convocada para a quinta feira ás 20.00 horas.