Concentración contra o despedimento de 2 traballadores por participar nunha mesa electoral

Concentración contra o despedimento de 2 traballadores por participar nunha mesa electoral

O acto de conciliación no SMAC finalizou sen acordo mais o proceso continuará pola vía xudicial. 


Unha concentración esta terza feira diante do SMAC da Coruña convocada pola CIG denunciou a represión sindical que afirman que practica a madeireira Vázquez Rey, “que despediu 2 traballadores por ter formado parte da mesa electoral nas últimas eleccións” sindicais. A protesta realizouse coincidindo co acto de conciliación dun dos traballadores que rematou sen acordo,. O proceso continuará pola vía xudicial, informa o sindicato nacionalista

A CIG denuncia que a empresa de taboleiro Vázquez Rey SA, de Arteixo, fixo efectivo o despedimento de dous operarios por, afirma o sindicato, participar na mesa electoral das eleccións celebradas nesta firma. A decisión, denuncia a Federación de Construción e Madeira da CIG da Coruña, obedece "ás manobras desenvolvidas pola dirección, e en particular polo xerente, para evitar que os traballadores puideran elixir o candidato da CIG como o seu representante legal". Os dous operarios despedidos formaban parte da mesa en calidade de presidente e secretario suplente.