SENTENZA DIFUNDIDA POR CC OO

O Consorcio Galego de Igualdade denega permisos de conciliación ás traballadoras

O Consorcio Galego de Igualdade denega permisos de conciliación ás traballadoras
Sede do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Foto: cedida.
Sede do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Foto: cedida.  

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar denega permisos de conciliación da vida familiar e laboral ás súas traballadoras. O Xulgado do Social número 3 de Ourense acaba de condenar a actitude do organismo da Xunta de Galiza.
 


Nunha sentenza difundida por Comisións Obreiras, o xulgado ourensán concédelle á traballadora denunciante “un dereito recoñecido e desfrutado anteriormente sen oposición algunha por outras compañeiras”. A normativa laboral garante os permisos e licenzas aos que pode acollerse. O xulgado lembra ademais o artigo 108 do Código Civil, segundo o que as persoas con patria potestade de menores deben “velar pola saúde” dos mesmos.

O caso conreto obxecto de conflito, unha empregada do Consorcio solitiou o pasado 22 de xaneiro un permiso de conciliación. O seu fillo precisaba unha medicación regular cada catro ou seis horas e vixilancia domiciliaria. Pmais, a diferenza de noutras ocasións outras compañeiras, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar negoullo. Acudiu á vía xudicial, que agora lle dá a razón.

“Lamentamos unha vez máis que as traballadoras teñan que acudir á vía xudicial para facer valer os seus dereitos de conciliación”, indica Comisións Obreiras, “coincidindo co 8 de marzo, pedimos que rematen estas discriminacións e que se vele tamén pola conciliación real e efectiva das mulleres no ámbito laboral”.



x