“Despidos para os directivos”: 80% do persoal de Bosch secunda folga contra o ERTE

“Despidos para os directivos”: 80% do persoal de Bosch secunda folga contra o ERTE

O expediente de regulación temporal de emprego afecta 540 traballadores e traballadoras en Vigo.

 


Non é un ERTE, é unha estafa”, “Despidos para os directivos” e “Este ERTE ímolo parar” foron algún dos lemas coreados nas concentracións que se desenvolveron diante dos centros de traballo de Bosch  en Vigo no marco da greve de 24 horas convocada contra o ERTE que afecta 540 traballadores.

A folga foi secundada por perto de 80% do persoal, segundo dados sindicais. A presidenta do comité de empresa, Laura Pérez Figueroa, da CIG, expresou a satisfacción da representación sindical polo elevado seguimento.

O expediente de regulación temporal de emprego afecta 540 traballadores e traballadoras en Vigo. O grupo ten nesa cidade 2.500 operarios e operarias. O comité rexeita o expediente de regulación temporal de emprego presentado pola empresa, cuxa negociación finalizou sen acordo.