O Diario de Pontevedra irá a folga contra o despedimento de 10 [email protected]

O Diario de Pontevedra irá a folga contra o despedimento de 10 [email protected]

Desde 2012 o cadro de persoal encadea reducións salariais e un ERE temporal ao que agora se suma o despedimento de 7 profesionais [email protected] e 3 [email protected]


O comité de empresa do Diario de Pontevedra convocou unha folga dunha semana que comezará esta cuarta feira (5 de novembro). Fíxoo co apoio da maioría [email protected] [email protected] do medio de comunicación após anunciárenlles o despedimento de 7 profesionais [email protected] e 3 [email protected] 

Os despedimentos veñen sumarse ás reducións salariais acordadas entre a empresa e o comité en 2012 logo de que se lle trasladara ao persoal que a situación económica do diario --pertencente ao grupo El Progreso-- non era moi boa. As reducións oscilaron entre o 4% e o 20% de acordo coa situación de cada traballador/a e a partir de abril-marzo de 2014 aplicouse un Expediente de regulación de emprego temporal "precisamente para que non houber despedimentos", explicou o presidente do comité de empresa, Enrique Míguez en conversa con Sermos Galiza

Após unha xuntanza decorrida o 15 de outubro na que a empresa asegurou que asumirían as perdas, o pasado día 28 de outubro anuncióuselles que 7 [email protected] e 3 [email protected] serían [email protected]. "O comité sempre amosou disposición de dialogar mais despois desa xuntanza saímos moi cabreados", sinalan. Polo que decidiron através dunha asemblea de [email protected] convocar unha folga pois, din, "cremos que nos están tomando o pelo". 

O paro durará unha semana e comezará ás 09.00 a.m desta cuarta feira (5 de novembo). "Se a partir do día 12 non hai novidades continuaremos". Ese mesmo día, o 5, teñen convocada unha xuntanza coa empresa mais "non sabemos se poderemos chegar a un acordo pois as posicións están moi distanciadas", sinala Míguez. 

"Que se aplique un ERE e agora se despida a traballadores non nos parece xusto", subliña. Neste senso, o estado de ánimo entre o cadro de persoal caracterízase polo "cabreo" xeralizado que prevé un seguimento próximo ao 100% da folga. 

A partir de mañá comezarán tamén un calendario de mobilizacións que se concretará coa convocatoria dunha concentración na Praza da Peregrina (Pontevedra) e ás portas das oficinas do diario, entre as 12.00 e as 13.00 horas, durante toda a semana.