Doce horas de concentración permanente polo futuro das Pontes

Doce horas de concentración permanente polo futuro das Pontes
Cencentración no acceso á central (CIG
Cencentración no acceso á central (CIG  

Exixen a #Endesa que dea a cara e informe “con claridade e concreción dos plans que ten para as instalacións e do resultado das probas”.


Esta quinta feira, desde as 6:45 e até as 19:00 horas, permanente no acceso ás instalacións de Endesa nas Pontes hai unha concentración para pedir información dos plans da empresa. O cadro de persoal lamenta que a información que teñen sobre a central térmica é a través dos medios de comunicación “e sen interlocución previa nin coa mesa creada no ministerio, nin co comité de crise nin coa representación sindical”, critica a CIG.

Endesa xa ten data para o feche definitivo da central térmica das Pontes. Será en 2022 cando a instalación pontesa deixe definitivamente de producir enerxía a partir da queima do carbón, segundo anunciou a propia compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) esta cuarta feira.

No documento remitido pola empresa ao regulador, no que modifica o seu plan estratéxico para o período 2020-2022, Endesa inclúe a desaparición dos 4,5 xigavatios (GW) de produción de carbón co feche xa anunciado das centrais de Compostilla (León) e Andorra (Teruel) e a non continuidade da de Litoral (Almería) e a das Pontes máis aló do ano 2022.